|
A entidad Francisco Lorenzo Mariño nomeará Socio de Honra a título póstumo a “Erolo” |
|
|
|
|
Sunday, 13 de December de 2009 |
A ENTIDADE FRANCISCO LORENZO MARIÑO NOMEARÁ SOCIO DE HONRA A TÍTULO PÓSTUMO A "EROLO"
A directiva da Asociación Francisco Lorenzo Mariño acordou por unanimidade nombrar e recoñecer, a título póstumo. Como Socio de Honra a Emilio Rodríguez López "EROLO". Falecido en septembro pasado, cando estaba a punto de rematar o seu traballo " A Educación: Aguiño e o seu devir histórico".
Neste acto (que será o mesmo día da publicación do Libro de Aguiño), a asociación entregarálle a viuda de Erolo (Ana Sampedro Cores), un pergamiño e figura conmemorativa do nomeamento pretendendo recoñecer a valía, esforzo, traballo, amistade e vinculación que EROLO tiña con Aguiño e co falecido D.Francisco Lorenzo, "ademais da estreita relación coa entidade"
Nota: EROLO, foi nomeado maestro da escola de rapaces de A Tasca o 8 de febreiro de 1964, impartindo docencia a numerosos xóvenes de Aguiño e Carreira durante máis de 25 anos, e que de 1975 ata a súa xubilación foi director do Colexio de Listres. EROLO, súmase a outros sete socios de honor da entidade: Francisco Lorenzo Mariño, Andrés Torres Queiruga, Manuel Ayaso Dios, Ricardo Pérez Queiruga, Xosé Chao Rego, Manuel Dourado Deira e Manuel Espiña Gamallo.
|