| Tenda |
|
|
|
| Saturday, 30 de May de 2009 | |
|
Un ano máis a nosa entidade realiza a Lotería de Nadal co fin de recaudar fondos para as distintas actividades que organizamos ao longo do ano como a vindeira edición da MOSTRA DE TEATRO FRANCISCO LORENZO MARIÑO DE AGUIÑO que terá lugar os catro sábados de novembro ás 20:30 h no Conservatorio do noso pobo con catro compañías de teatro afeccionado de Galicia, como sempre a entrada será de balde até encher aforo.
Aproveitade a mercar a lotería porque este ano fixemos menos que nunca dado a situación de crise que todos e todas padecemos, agradecemos sinceiramente a vosa colaboración con esta entidade para que as actividades culturais no noso pobo poidan seguir celebrándose. Recordamos que tamén temos á venda o libro AGUIÑO, 50 ANOS DE PARROQUIA. HISTORIA E MEMORIA DUN POBO MARIÑEIRO a un prezo de 25 €. Quedan poucos exemplares, polo que todas as persoas interesadas en facerse con un poden dirixirse a esta entidade por correo electrónico, no teléfono 981 840513 ou adquirilo nas Librerías Master, O León de Padín e Mirás de Ribeira ou Librería Aguiño no noso pobo.
PREZO DO LIBRO: 25 € |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|







